Grega
Lava as espinacas e murchas por quendas nunha cazola grande tapada a lume medio durante 2-3 minutos. Déixaas arrefriar, espreme canto líquido poidas e pícaas.
Quenta 2 culleradas grandes do aceite de oliva nunha tixola e cociña a cebola e o cebolino a lume medio durante 6-8 minutos, ata que estean brandos.
Bate os ovos nun bol grande e despois mestura as espinacas, as cebolas, o queixo feta esmiuzado, o eneldo e o perexil picados e a pementa.
Quenta o forno a 180 °C e unta cun pincel de aceite unha fonte de forno de 23 x 33 cm. Coloca a metade das follas de masa filo unha a unha, untando cada folla con aceite.
Estende o recheo de maneira uniforme, cobre coas follas restantes, untando cada unha con aceite, e mete cara dentro os bordos.
Unta a parte de arriba con aceite e márcaa en 8 porcións cun coitelo afiado, cortando só as capas superiores.
Cociña no forno durante 45-50 minutos, ata que estea ben dourada e crocante, e déixaa repousar 15 minutos antes de cortala por completo.